Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Sirât', de Oliver Laxe, faise con cinco Premios do Cine Europeo

'Sirât', de Oliver Laxe, faise con cinco Premios do Cine Europeo

A fita galega obtivo os galardóns de mellor montaxe, fotografía, son, produción e dirección de cásting

Cedeu os premios de mellor película e director fronte á norueguesa 'Valor sentimental'

O equipo de 'Sirât' na gala dos premios. REUTERS/Nadja Wohlleben.
G24.gal 17/01/2026 23:26 Última actualización 18/01/2026 12:16

A fita galega Sirât, de Óliver Laxe, rozou a gloria esta noite nos Premios do Cinema Europeo ao se facer con cinco galardóns técnicos. O filme, que partía con once candidaturas, levou os premios de montaxe, fotografía, son, produción e dirección de cásting, esta última recoñecida por primeira vez na historia destes galardóns.

 

 

Os grandes premios da noite foron para a norueguesa Valor sentimental, de Joachim Trier, que se impuxo en película, dirección, guión e interpretacións, tanto masculina como feminina.

Nunha cerimonia marcada polo ton reivindicativo, Laxe defendeu un cinema que provoque e transforme ao espectador e recoñeceu sentirse en Europa “coma na casa”, xusto na semana previa a coñecerse as candidaturas aos Óscar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade