Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sinner colapsa pola calor e cae ante o arxentino Juan Manuel Cerúndolo

Sinner colapsa pola calor e cae ante o arxentino Juan Manuel Cerúndolo

O número un do mundo cae ante Juan Manuel Cerúndolo despois de dominar por 6-3, 6-2 e 5-1 antes de sufrir mareos, vómitos e dores de cadeira

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 28/05/2026 16:39 Última actualización 28/05/2026 16:45

O número un do mundo, o italiano Jannik Sinner, caeu na segunda rolda de Roland Garros, fisicamente tocado, contra o arxentino Juan Manuel Cerúndolo, 3-6, 2-6, 7-5, 6-1 e 6-1.

É un golpe maiúsculo ao torneo, porque o transalpino era o máximo favorito para a vitoria final no único Grand Slam que lle falta, ao que chegou tras un refacho de 30 triunfos consecutivos e en ausencia do español Carlos Alcaraz, o seu verdugo na final do ano pasado.

O italiano gañaba sen apuros antes de sufrir mareos, vómitos e dores de cadeira.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade