Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os premios iguais ou inferiores a 2.000 euros poderán cobrarse por bizum

Os premios iguais ou inferiores a 2.000 euros poderán cobrarse por bizum

O presidente de Loterías e Apostas do Estado di que é unha aposta pola innovación

Non é necesario tributar os premios inferiores a 40.000 euros

G24.gal 22/12/2021 08:47

Neste ano marcado pola vacinación contra a covid-19, introduciuse unha novidade: os premios iguais ou inferiores a 2.000 euros poderán cobrarse a través de bizum. Trátase de “unha aposta pola innovación”, en palabras do presidente de Loterías e Apostas do Estado, Jesús Huerta, que busca ofrecer un mellor servizo ante as limitacións de movementos de efectivo”.

Por segundo ano consecutivo, ademais, aqueles agraciados cunha suma inferior aos 40.000 euros poderán recibir o importe íntegro sen necesidade de tributar a Facenda. O resto dos afortunados deberán contribuír ao Estado cun 20% do premio resultante tras a resta dos 40.000 euros iniciais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade