Publicador de contidos

Publicador de contidos

Simulacro de rescate marítimo con vítimas no porto de Mugardos

Simulacro de rescate marítimo con vítimas no porto de Mugardos

O obxectivo é mellorar a resposta e a coordinación dos equipos de salvamento

G24.gal 26/02/2023 14:47 Última actualización 26/02/2023 15:07

A contorna do cabo Leiras, En Mugardos, foi o escenario dun simulacro de seguridade marítima. A colisión de dúas embarcacións na ría de Ferrol desata o caos a bordo e varias persoas saltan. O Rías Altas I dá o aviso a Salvamento. A torre de control marítimo da Coruña coordina o rescate.

Vinte minutos despois do accidente marítimo, Emerxencias recibe un novo aviso. É un accidente provocado polo que se coñece como "efecto mirón". Un coche precipítase desde o paseo portuario e dúas persoas quedan atrapadas. Un equipo sanitario estabilízaos antes da excarceración.

"Estas iniciativas buscan a mellora na resposta dos medios de seguridade e emerxencias diante dunha eventualidade coma a dun accidente con vítimas, no que tantas Administracións estarían involucradas. Nestes casos, unha resposta rápida e coordinada pode salvar moitas vidas", explicou o alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus.

Arredor de 30 organizacións relacionadas coa seguridade e a saúde participaron neste simulacro que busca mellorar a resposta dos medios de emerxencias nun accidente con vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade