Publicador de contidos

Publicador de contidos

Simón Lamas: "É o maior fito da historia do club"

Simón Lamas: "É o maior fito da historia do club"

O técnico do Rácing Vilalbés festexou o pase á rolda final polo ascenso a 2ª RFEF

G24.gal 21/05/2023 09:46

Finalmente o quinto clasificado da terceira galega foi quen de dar a sorpresa na fase autonómica eliminando ao cuarto nas semifinais e na final ao segundo, o Arosa.  O encontro da Lomba tivo emoción, nervios e épica que resumiu Simón Lamas ao remarte do encontro.

"É o maior fito da historia do club. Non hai equipo con maior capacidade de sufrimento que o noso. Soubemos estar nun campo complicado, con toda a súa afección. Non se borrará da memoria nunca. Tiñamos un plan para mellorar a ida. Creo que saíu o plan. Nos poucos centros que xeraron fomos quen de mantelos sen perigo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade