Publicador de contidos

Publicador de contidos

Simón asegura que en España, cos datos actuais, non fai falla vacinarse

Simón asegura que en España, cos datos actuais, non fai falla vacinarse

Tamén descartou o posible contaxio polas mascotas habituais europeas, como cans e gatos

G24.gal 25/05/2022 20:41

Prudencia e calma no que atinxe á varíola do mono. Recomeéndao o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, que participou en Ourense nunha charla sobre covid.

Pediu paciencia e dixo que cos datos actuais, agora mesmo en España non fai falla vacinarse. Tamén descartou o posible contaxio polas mascotas habituais europeas, como cans e gatos.

O Ministerio de Sanidade e o Agricultura traballan nun documento sobre como xestionar a relación das mascotas coa varíola do mono, segundo adiantou Fernando Simón, quen ademais pediu non sobredimensionar este asunto.

Sobre o risco de infección das mascotas en España, Simón explicou que non hai información suficiente para pensar que poida ser importante e tampouco existe unha base de coñecemento sobre o seu rol na transmisión. Si hai datos sobre monos, roedores e outros pequenos mamíferos, fundamentalmente en África.

"Eu creo que hai que ser prudentes e reducir os contactos estreitos coas nosas mascotas, pero tamén penso que non hai que sobredimensionar o tema. Temos que ser conscientes de que ese risco é posible, pero non hai grandes evidencias", dixo Fernando Simón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade