Cargando resultados...
Sevilla vive a gran noite da 'Madrugá'
Seis irmandades percorren durante horas as rúas sevillanas

G24.gal
07/04/2023 09:48
Unha das citas claves da Semana Santa é a 'Madrugá' de Sevilla, na noite do Xoves ao Venres Santo. Pasada a medianoite, saía da basílica da Macarena o Cristo da Sentenza. Tras el, un dos momentos máis emotivos, a 'levantá' da Esperanza Macarena. Moi aplaudida é sempre tamén a saída da Esperanza de Triana coronada.
Seis irmandades percorren durante horas as rúas sevillanas, blindadas este ano por un dispositivo de seguridade composto por máis de 6.000 efectivos. As procesións continúan desta hora e durarán ata as tres desta tarde.