Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dez mortos no Brasil tras caer unha enorme rocha sobre varias lanchas nun lago

Dez mortos no Brasil tras caer unha enorme rocha sobre varias lanchas nun lago

Un gran bloque de pedra desprendeuse sobre catro embarcacións cheas de xente

Outras trinta persoas quedaron feridas, maioría leves

G24.gal 09/01/2022 08:14 Última actualización 20:40

Ao final confirmouse a morte dun total de dez persoas no grave accidente ocorrido nun lago do estado brasileiro de Minas Gerais, que sofre estes días un forte temporal de choiva. Outras trinta persoas quedaron feridas, a maioría de carácter leve.

O Corpo de Bombeiros informara nun principio da desaparición de vinte persoas pero, horas despois, reduciu substancialmente a cifra tras contactar con boa parte das vítimas que foran rescatadas con vida por outras embarcacións. 

O accidente ocorreu sobre a 11:00 hora local (14:00 GMT) no lago Furnas, un punto turístico do municipio de Capitólio (no sueste), cando un bloque de pedra de grandes dimensións caeu dende unha altura de cinco metros sobre catro embarcacións, impactando de cheo contra dúas delas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade