Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete concellos están libres da covid en Galicia e ningún chega aos mil habitantes

Sete concellos están libres da covid en Galicia e ningún chega aos mil habitantes

O primeiro foi Baltar, ao que lle seguen outros cinco da provincia de Ourense

Aumentan tamén os que levan máis de sete días sen casos novos

Praza da igrexa, en Baltar
G24.gal 14/02/2022 14:29

Cunha poboación de pouco máis de 900 habitantes, o concello de Baltar chegou a ter máis dunha trintena de casos activos no pico desta terceira onda, pero foi o primeiro de Galicia en rexistrar 0 casos.

Hoxe hai sete en toda Galicia, e dous máis nos que non se rexistrou ningún contaxio novo nos últimos 7 días. Ningún chega aos mil habitantes. A dispersión da poboación, acentuada polo despoboamento, dificulta tamén os contaxios. En Baltar, os 900 veciños repártense por 14 núcleos. 

"Será que non hai moito ambiente, somos poucas persoas, e o clima tamén é bastante bo", bromea un veciño de Baltar.

Os veciños tamén se apuntan un tanto: o respecto ás medidas de prevención.

 "Somos responsables, dentro do que cabe. De feito, coñezo moi pouca xente que se contaxiara. Vivimos sans", di un veciño.

Nesta sexta onda, o pico de contaxios en Baltar roldou a trintena. A área sanitaria de Ourense subiu antes ca o resto de Galicia e comezou tamén a baixar máis pronto.

"É agradable, pero nada de euforia, porque isto é cambiante, sabemos que non está solucionado e iso é o que lles repetimos aos nosos veciños", di José Antonio Feijóo, alcalde de Baltar.

Outros

Larouco, Petín, Montederramo, A Teixeira e San Xoán de Río son os outros concellos ourensáns sen casos activos, aos que se suma Negueira de Muñíz na provincia de Lugo. En Muras e Vilar de Santos levan 7 días sen contaxios novos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade