Sesión de control ao Goberno galego
O pleno do Parlamento de Galicia pode seguirse en directo en www.g24.gal
O Parlamento de Galicia acolle este mércores unha nova sesión de control ao Goberno galego.
A partir das 10 horas da mañá, os grupos políticos formularán as súas cuestións aos membros do Executivo e ao presidente da Xunta de Galicia.
En concreto, o líder do PSdG José Ramón Gómez Besteiro preguntará ao xefe do Executivo Alfonso Rueda cales son os sectores sociais aos que se orientan as decisións e as políticas do Goberno galego. Na súa quenda, a voceira do BNG Ana Pontón demandará as medidas que pensa adoptar o Goberno galego para afrontar os problemas que ten a sanidade no ámbito da atención primaria.
O pleno do Parlamento de Galicia pode seguirse en directo en www.g24.gal.