Publicador de contidos

Publicador de contidos

Joan Manuel Serrat retírase cunha xira mundial dende Barcelona a Nova York

Joan Manuel Serrat retírase cunha xira mundial dende Barcelona a Nova York

A xira estará integrada por 20 ou 30 cancións

G24.gal 02/12/2021 08:47

Joan Manuel Serrat retírase dos escenarios. Será a finais de 2022 en Barcelona, derradeira cidade da súa, tamén, derradeira xira que comezará en Nova York en abril.  Serrat, con 77 anos, conta nunha entrevista ao xornal El País os motivos da súa retirada.

Di que a pandemia, que aínda dura, provocou a imposibilidade de continuar o oficio de cantar en público. Comenta que a xira estará integrada por 20 ou 30 cancións. Viaxará acompañado polo seu equipo de sempre.

Despois de actuar nos Estados Unidos e América do Sur, iniciará xira en España no verán. Cando deixe de actuar terá xa 79 anos; 67 sobre os escenarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade