Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sergi Quintela marcha do Breogán

Sergi Quintela marcha do Breogán

O capitán e estandarte do club non continuará a vindeira temporada no cadro lucense

G24.gal 10/07/2024 10:10

Sergi Quintela, capitán e lenda do Breogán, non seguirá no club a temporada 2024-25. Xa o deixara entrever nunha entrevista hai unha semana para a Televisión de Galicia na que amosaba o seu descontento polas relacións co club: "No plano económico non hai problema, no plano persoal choco con certas persoas", aseguraba o menor dos irmáns Quintela. 

O Breogán fixo oficial a marcha do xogador este mércores e agora haberá que ver cal é o seu destino. De corazón breoganista, cumpriu o seu soño de xogar no primeiro equipo. Primeiro en 2016, cando gañou un sitio no primeiro equipo, e logo de xeito ininterrompido a partir de 2019 ata hoxe. 

Co seu espírito liderou o equipo na pista e no vestiario para acadar o ascenso á Liga ACB, categoría na que o club está asentado desde hai tres temporadas. Xogou 97 partidos na ACB, participou nunha Copa do Rei e estreouse en competición europea esta temporada. Esta temporada asinou uns números de 5'2 puntos, 2 rebotes e 2'9 asistencias en máis de 18 minutos por partido. Achega que botará en falta o cadro lucense e a bancada do Pazo, plenamente identificada con Sergi Quintela. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos