Cargando resultados...
Sergi García e a súa renovación: "Nunca lle diría que non ao Breogán"
Sergi Garcia acaba de xogar 22 minutos por partido, cuns rexistros de 8 puntos e 4 asistencias
G24.gal
21/05/2024 15:40
Última actualización 21/05/2024 15:49
Sergi Garcia fixo a segunda temporada en Lugo. Cun rendemento regular en ambas campañas. O xogador mallorquino, 27 anos, aínda non sabe que fará na temporada 24/25.
"Gocei moito estes dous anos en Lugo. Non hai présa".
"Estou tranquilo. Nunca lle diría que non ao Breogán".
Sergi Garcia acaba de xogar 22 minutos por partido, cuns rexistros de oito puntos e catro asistencias. Un xogador decisivo no final de temporada.
"Creo que marcho sendo mellor xogador e un crecemento a nivel persoal".