Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deportistas de elite con máis de 40 anos: Serena Williams regresa ao tenis de competición

Deportistas de elite con máis de 40 anos: Serena Williams regresa ao tenis de competición

Con 44 anos, participará no torneo londiniense de Queen's tres anos e medio despois de retirarse das competicións oficiais

G24.gal 02/06/2026 14:58

Serena Williams, gañadora de nada menos que 23 títulos de Grand Slam, regresa ao tenis profesional aos 44 anos. Participará no torneo londiniense de Queen's tres anos e medio despois de retirarse das competicións oficiais. Non se descarta que sexa invitada pola organización de Wimbledon a participar no torneo.

Non é doado participar en competicións de alto nivel cumpridos os 40, pero o caso de Serena non é unha excepción. Son moitos os deportistas desa idade que se manteñen na elite do deporte. Máis que entrando na madurez moitos deportistas semellan vivir unha segunda xuventude. 

AÍ temos, por exemplo, no baloncesto o incombustible Lebron James dándoo todo na cancha aos seus 41. A mesma idade que Cristiano Ronaldo, que aí está. E a pouco para cumprir os 40 aquí temos o exemplo de Iago Aspas ou Teresa Portela, sete veces olímpica, que segue activa na competición con 43 anos. Un ano menos que Serena. As posibles rivais encantadas de enfrontarse a toda unha lenda. 

É case un paradoxo que en tempos en que hai deportistas que sorprenden con récords e triunfos a idades cada vez máis temperás, moitos outros logran manterse no máis alto a pesar de rozar a corentena. Aínda que as derrotas fagan reflexionar sobre a continuidade na competición.

A lista é longa. Fernando Alonso, Carlos Sainz, Santi Cazorla... Pode que xa sen frescura física da xuventude, pero coa sabedoría que dá a experiencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade