Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sentido minuto de silencio pola morte de dous veciños de Culleredo

Sentido minuto de silencio pola morte de dous veciños de Culleredo

Faleceron o condutor e máis o copiloto, e o terceiro ocupante segue grave na UCI

O Concello de Culleredo decretou tres días de loito oficial

G24.gal 07/02/2022 14:37

Cun sentido minuto de silencio, os veciños, canda a corporación municipal de Culleredo, quixeron trasladar o seu máis sincero pesar aos familiares dos dous mozos falecidos nun accidente de tráfico acontecido no concello de Abegondo. O coche quedou desfeito. Saíron da vía e levaron por diante a barreira de protección e varias árbores.

Un dos falecidos era quen conducía. Tiña 32 anos e vivía na parroquia de Celas de Peiro. Contra as cinco da tarde será soterrado na igraxa de Santa María de Celas. 

Canda el viaxaban outros dous mozos. O que ía de copiloto, duns 30 anos, tamén perdeu a vida. Era dominicano e levaba pouco tempo residindo en Culleredo. Deixa parella en Zas, embarazada de cinco meses. O mozo que viaxaba no asento de atrás permanece ingresado na UCI en estado grave.

No concello de Culleredo, onde as bandeiras ondean a media hasta, decretaron tres días de loito oficial. Pola súa banda, a Garda Civil de Tráfico investiga as causas do accidente mortal, pero todo apunta a que circulaban a gran velocidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade