Publicador de contidos
Publicador de contidos

Señé, autocrítico co Racing como visitante: "Temos que facer máis"

Señé, autocrítico co Racing como visitante: "Temos que facer máis"

O cadro ferrolán leva tres derrotas seguidas lonxe da Malata

G24.gal 19/10/2023 21:50

A derrota no campo do Levante deixoulle mal corpo a Señé. Confesa que saíu amolado. Entende o catalán que o Racing precisa dar algo máis fóra, onde leva tres derrotas seguidas. 

De momento, A Malata resiste ben. Alí é onde o Racing está a recoller a maioría dos puntos. O domingo chega o Eldense á sempre incómoda hora do xantar.

"No partido tivemos sensacións malas e saímos enfadados. Pero isto vai moi rápido e en tres días xa temos outro partido".

"Os momentos bos teñen que ser moito máis prolongados para sacar as vitorias. Na Malata estamos fortes pero tamén pode vir a mala xeira".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar