Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen prazas nalgúns traxectos de longa distancia en Renfe

Sen prazas nalgúns traxectos de longa distancia en Renfe

Non hai billetes para a liña entre A Coruña-Barcelona en todo o mes de agosto

Os usuarios piden máis frecuencias ante a saturación das liñas

G24.gal 10/08/2022 15:44 Última actualización 10/08/2022 16:19

O aumento do custo do combustible e a folga de Ryanair aumentou aínda máis a demanda do tren en Galicia, e hai liñas de longa distancia en que é case imposible facerse cun billete. 

As ganas de viaxar tras a pandemia e a incorporación da alta velocidade a Galicia fan que este verán conseguir certos billetes de tren sexa case misión imposible. É o caso dalgúns traxectos de longa distancia como a liña entre A Coruña-Barcelona.

Unha chea de peregrinos estranxeiros regresan pola capital catalá para enlazar con outros transportes a países europeos. De feito, na liña A Coruña-Barcelona, a estación de Compostela é a que ten máis demanda de prazas. E ante esta saturación, os usuarios piden máis frecuencias.

A folga de Ryanair é outro factor que suma porque moitos viaxeiros non queren riscos de cancelacións e optan polo tren. A supresión do enlace directo co País Vasco e do tren-hotel a Barcelona tamén inflúen na actual saturación da liña a Cataluña en pleno agosto.

Pero o certo é que conseguir billetes este mes para viaxar a Madrid tampouco é tarefa doada, polo que cómpre planificar coa máxima antelación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade