Publicador de contidos

Publicador de contidos

Semana decisiva para saber o futuro de Orbelín Pineda e de Rubén Blanco

Semana decisiva para saber o futuro de Orbelín Pineda e de Rubén Blanco

Rubén Blanco ten contrato no Celta ata 2027

O AEK grego quere que Orbelín continúe no equipo

G24.gal 26/06/2023 15:40 Última actualización 26/06/2023 15:46

Esta será unha semana de movementos na sede do Celta. O mexicano Orbelín Pineda marcou coa selección do seu país no México-Honduras da Copa de Ouro. Orbelín Pineda está na porta de saída do Celta. Triunfou no AEK grego e queren que siga por alí. O seu prezo é de oito millóns de euros.

E tamén se debería resolver o futuro de Rubén Blanco. O meta de Mos xogou no Marsella esta temporada e foi suplente de Pau López. Pero no cadro francés teñen moita confianza en Rubén e  están dispostos a facer un esforzo para quedar en propiedade cos seus servizos. Rubén Blanco ten contrato no Celta ata 2027.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade