Publicador de contidos

Publicador de contidos

En liberdade todos os detidos pola liorta cunha motoserra en Viveiro

En liberdade todos os detidos pola liorta cunha motoserra en Viveiro

Dúas das persoas detidas quedaron en liberdade

G24.gal 18/07/2022 17:28 Última actualización 18/07/2022 19:18

Catro dos seis detidos pola Policía por unha violenta pelexa multitudinaria en Viveiro pasaron este luns a disposición xudicial e quedaron en liberdade.

Na liorta un dos implicados chegou a empregar unha motoserra acesa para amedrentar os seus adversarios.

Fontes policiais confirmaron que entre os detidos había dúas mulleres, que quedaron en liberdade despois de prestar declaración.

Os outros detidos, catro homes, pasaron a disposición xudicial hoxe, en principio imputados como investigados por un delito de rifa tumultuaria co emprego de obxectos perigosos.

O xulgado de instrución número uno de Viveiro decretou a súa posta en liberdade, investigados por dous supostos delitos de lesións e ameazas.

No transcurso desa pelexa, que tivo lugar en madrugada do domingo, na Avenida Vilalba de Cantarrana, dúas persoas resultaron feridas de carácter leve.

A difusión dun vídeo a través das redes sociais, en que pode verse como un dos detidos saca unha motoserra, acéndea e aceléraa de forma insistente para intimidar aos outros implicados na liorta, provocou un grande impacto entre os veciños de Viveiro

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade