Seis alumnos dun colexio de Ourense están entre os mellores do mundo en cálculo mental
Entre 35.000 participantes de todo o planeta nun campionato en liña conseguiron colocarse entre os 70 primeiros
Un alumno de terceiro de primaria quedou entre os dez mellores, canda outro é o único español
Seis alumnos dun colexio de Ourense quedaron entre os mellores do mundo en cálculo mental. Un deles conseguiu colocarse entre os dez primeiros entre 35.000 participantes.
E así unha detrás de outra, acertadas ata 15 operacións en só 39 segundos.
Un logro que levou a Daniel a quedar de oitavo no campionato mundial de cálculo mental online SuperTematiK.
Daniel e outro alumno de Navarra son os únicos españois de terceiro de primaria que quedaron entre os dez mellores do planeta.
Non só Daniel é unha máquina de calcular, outros cinco alumnos do colexio público do Couto quedaron entre os 70 primeiros do mundo entre 35.000 participantes.
E é que como son apaixonados das matemáticas, dedícanlle moitas horas.
Son tan veloces cos números que nin tempo nos dá a gravar, cando a cámara se achega eles xa teñen todas as contas resoltas.
Uns xenios do cálculo que xa comezaron a adestrar para participar para o ano na categoría superior.