Publicador de contidos

Publicador de contidos

As psicólogas describen como amplo e de calidade o relato dunha das presuntas vítimas do profesor de Lugo

As psicólogas describen como amplo e de calidade o relato dunha das presuntas vítimas do profesor de Lugo

As psicólogas do Imelga ven máis incoherencias no relato das outras catro menores

G24.gal 17/03/2026 14:25

Xornada clave no xuízo contra o profesor lugués acusado de agresión sexual a varias das súas alumnas. Declaraban as psicólogas do Imelga que exploraron as menores e que concluíron que só o relato dunha delas era crible. Describiron ese relato como amplo e de calidade, e non un discurso preparado. No caso das outras catro menores eran máis breves e con incoherencias.

"A sala é a que ten que determinar se son cribles ou non. As periciais son elementos de auxilio entón por un lado temos ao Imelga e por outro a perita de parte", explica a avogada da acusación Paula Salvador.

Con esa perita, a acusación trataba de descreditar o informe do Imelga. Para a acusación hai cinco vitimas e non só unha.

"Intentar desbotar os criterios do Imelga para determinar que as nenas non eran cribles, cando temos moitos elementos obxectivos dentro das actuacións que si as consideran cribles", di Sandra Regueira, avogada da acusación.

A acusación fixo unha valoración positiva da primeira xornada do xuízo, na que declaraba o acusado

"Se un menor nunha clase se porta mal, que non o poidas mandar a dirección e que a solución sexa sentalo no colo e arrimar a zona xenital a min pareceme inverosímil", comenta Paula Salvador.

A defensa mantén a inocencia do profesor. Así cualificaba o seu avogado na súa declaración ante a sala.

 "Foi unha declaración moi dura, pero creo que saíu airoso. É unha persoa que contou a súa verdade", di Juan Carlos López Abad, avogado da Defensa. 

O xuízo quedou visto para sentenza. A Fiscalía mantén a petición de cinco anos e medio de prisión por un delito de agresión sexual a unha menor. Mentres que a acusación eleva a pena a 30 anos, seis por cada unha das cinco vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade