Publicador de contidos

A segunda xornada de folga en Renfe deixa 41 cancelacións en Galicia

A segunda xornada de folga en Renfe deixa 41 cancelacións en Galicia

Calcúlase que quedaron bloqueadas tres mil cincocentas prazas, a maioría nos trens entre Vigo e A Coruña

Tamén afectou as conexións con Madrid, e das catro diarias ao Porto suprimíronse todas

G24.gal 11/11/2022 14:19

O primeiro día de paro, o pasado luns, colleu moitos viaxeiros por sorpresa, que tiveron que buscar outras alternativas para poder chegar ao destino. Na segunda xornada de folga a maioría dos usuarios informáronse dos horarios para adaptarse aos servizos mínimos.

Poucos trens circulando e os que o fan viaxan completamente cheos, coma este procedente da Coruña con destino Vigo. Precisamente esta é a liña con maior repercusión da folga con 10 trens cancelados.

Polo momento as negociacións entre o sindicato convocante e Renfe non avanzan. O convenio colectivo aprobouse co apoio dos demais sindicatos, e Renfe non está disposta a incluír as reivindicacións da CGT. 

O sindicato estuda convocar un novo paro para decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos