Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falecen seis persoas con covid–19 en Galicia nunha xornada con máis ingresos

Falecen seis persoas con covid–19 en Galicia nunha xornada con máis ingresos

Seis novas mortes por covid–19 elevan a 2.881 as persoas falecidas durante a pandemia en Galicia

Hai 592 enfermos de covid–19 hospitalizados, 41 máis que as 24 horas anteriores

Caen os casos activos, con 75.585 doentes (-2.444), e os positivos diarios, con 5.354 (-1.345)

G24.gal 23/01/2022 09:36 Última actualización 14:10

O Sergas notificou este domingo pola noite seis novos decesos de persoas diagnosticadas con covid–19. Eran un home de 77 anos e outro de 75, ingresados en Ourense; unha muller de 96 anos, no hospital da Coruña, e outra de 98 que morreu na súa casa na área sanitaria de Ourense.

Ademais, súmanse os falecementos doutros dous homes ingresados na Coruña: un de 70 anos e outro de 88.

A xornada deixaba un certo alivio na incidencia da pandemia de covid–19 en Galicia, cunha melloría nos indicadores nas últimas 24 horas, agás no caso das hospitalizacións. Cos datos recollidos ata as 18 horas do sábado, caen as infeccións rexistradas ata as 75.585 persoas co virus, que son 2.444 menos que a xornada anterior.

Tamén baixan os contaxios diarios detectados en todas as probas realizadas para o diagnóstico e, despois de varias xornadas por riba dos 6.000, son agora 5.354, (-1.345).

O dato negativo da xornada está nas hospitalizacións, con 592 enfermos ingresados, que son 41 máis ca o venres. O incremento prodúcese en planta, onde hai 544 pacientes (+42), mentres que nas UCI permanecen 48 persoas, unha menos.

Situación por áreas sanitarias

A melloría da pandemia reflíctese este domingo en todas as áreas sanitarias, coa caída tanto de casos activos de covid–19 coma de positivos detectados en todas as probas realizadas. Ferrol segue a ser a única área sanitaria cun só paciente ingresado nas UCI.

A Coruña:  15.814

Vigo:  20.246

Ourense:  7.753

Santiago:  11.380

Lugo:  7.621

Pontevedra:  9.030

Ferrol: 3.741

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade