Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan un terzo os infectados do virus en Galicia nunha semana e a incidencia case 6 puntos

Aumentan un terzo os infectados do virus en Galicia nunha semana e a incidencia case 6 puntos

Lixeiro incremento da presión hospitalaria con dous pacientes máis ingresados

O Sergas non notificou falecementos este sábado

G24.gal 06/11/2021 10:08 Última actualización 20:30

A pandemia en Galicia segue baixo control pero os casos activos do virus seguen a subir unha xornada máis, a sexta consecutiva. Agora son 692 as persoas contaxiadas con datos das 18 horas do venres, 52 máis que un día antes e un 35 % máis que hai unha semana.  Fréase pola contra o notable incremento de contaxios da xornada anterior e estabilízase a cifra en algo máis de 80 os positivos detectados nas probas diagnósticas. Son 85, un menos que as 24 horas previas.

Incidencia acumulada

Os datos recollidos polo Sergas indican que se sitúa en 23,95 casos por cen mil habitantes a dúas semanas, case seis puntos máis que hai sete días. Galicia segue de momento como a única comunidade en situación de nova normalidade, por baixo dos 25 caos por cada cen mil habitantes a 14 días, pero o aumento tamén se deixa notar a sete días, con 12,29 casos, conforme os datos do Ministerio de Sanidade, case 1.5 puntos máis que hai sete días.

No conxunto de España a incidencia en dúas semanas é de 53,7 casos, e nunha semana chega os 27,3 casos.

Canto a hospitalizacións hai dúas persoas máis ingresadas, unha máis en planta en habitación illada, 27,e unha máis nas UCI, 7. Son así 34 os enfermos baixo vixilancia clínica polo virus.

O Sergas non informou de novos falecementos pola covid polo que son 2.653 as persoas mortas polo virus desde que comezou a pandemia en Galicia.

Situación por áreas sanitarias

As infeccións activas ascenden nas sete áreas sanitarias. Destaca a boa evolución da pandemia en Pontevedra onde non queda ningún paciente nos hospitais que están libres de enfermos de coronavirus. Na área de Ourense tamén están sen ocupar as camas nas UCI. Na de Lugo só quedan dous enfermos hospitalizados, un en planta e outro nas UCI.

A da Coruña segue a ser a que máis infectados rexistra con 181, 24 máis que a xornada anterior tras 29 contaxios detectados nas últimas horas, (+17). A de Ourense chega a 171 infeccións activas, 9 máis con 18 positivos novos, (-7). Medran os casos tamén en Santiago con 11 infeccións máis, ata os 74, un incremento dun terzo desde o mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade