Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segue aberta a investigación sobre a aparición de dúas narcolanchas en Ribeira

Segue aberta a investigación sobre a aparición de dúas narcolanchas en Ribeira

A planadora localizada no Vilar foi trasladada á sede do SVA en Vilagarcía

O ministro do Interior asegura na Estrada que a seguridade no litoral é prioritaria

O SVA custodia a planadora en Vilagarcía
G24.gal 25/02/2023 14:37 Última actualización 25/02/2023 14:51

Segue aberta a investigación sobre a aparición de dúas narcolanchas en dúas praias de Riberia. A policía non descarta ningunha hipótese. 

O servizo de aduanas custodia en Vilagarcía de Arousa unha das dúas narcolanchas que apareceron varadas o mércores en dúas praias de Riberia, o Espiñeirido e O Vilar.

Trátase da localizada no Vilar, que foi trasladada ata aquí por mar. Ten tres motores foraborda e varios bidóns cheos de gasolina. De momento descoñécense os motivos polos que acabaron varadas.

Algunhas hipóteses apuntan a que non fixeron descarga ningunha de droga e que os tripulantes puideron abandonalas e fuxir debido á maior vixilancia do litoral galego por parte de Aduanas.

Outras fontes sinalan que en realidade eran unha trampullada para encubrir unha descarga noutro punto da costa.

Seguridade da costa

O ministro do interior non quixo pronunciarse sobre este asunto. Antes de participar nun acto do PSdeG na Estrada, Fernando Grande Marlaska dixo que a seguridade da costa galega e española é unha prioridade.

Segundo dixo, nestes anos recuperaron para este fin os 13.000 axentes da Policía e da Garda Civil dos que prescindira o goberno de Mariano Rajoy.

"Aquí en Pontevedra temos máis de 200 policías nacionais e gardas civís dos que tiñamos en 2018 e iso é compromiso coa seguridade, loitar contra a criminalidade organizada ou a violencia de xénero ou delitos de odio hai que ter efectivos e investir".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade