Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segue a busca dos tres desaparecidos tras o paso da gota fría

Segue a busca dos tres desaparecidos tras o paso da gota fría

Cento corenta e nove mil persoas seguen sen auga en Toledo

Castela-A Mancha pide a declaración de zona catastrófica

Antón Montero 05/09/2023 19:42 Última actualización 05/09/2023 19:51

Este martes foi xornada de limpeza colectiva en Villamanta. Toneladas de lama cobren as rúas e enchen as piscinas desta localidade madrileña, unha das máis afectadas polo paso da gota fría.

A enchente arrasou pontes, levou ducias de coches por diante e deixou danos na gran maioría de vivendas da vila. "Isto é unha lameira, a casa está desfeita, caeron muros, os meus dous coches estarán aí polo río. E estamos sen luz e sen auga", laiase un veciño.

En Villamanta, segue sen saberse sabe nada dun veciño de 83 anos arrastrado este luns pola corrente. Tamén se busca un home desaparecido o domingo cando o vehículo en que ía coa súa familia foi sorprendido pola enchente do río Alberche, e a unha muller á que se lle perdeu o rastro na vila toledana de Valmojado.

Jesús Agudo, alcalde de Valmojado, explicou que "seguen os labores de busqueda por parte da Garda Civil, hai equipos especializados en busca de montaña, hai drons".

A ministra para a Transición Ecolóxica percorreu este martes Escalona e Aldea del Fresno. Teresa Ribera explicou que o máis urxente é restaurar os servizos básicos canto antes.

"Hai 149.000 persoas na provincia de Toledo que dependían da tubaxe do sistema do encoro de Picadas e nestes momentos están tendo que ver satisfeitas as súas necesidades de auga potable grazas a camións cisterna, botellas", dixo a ministra.

O Goberno de Castela-A Mancha pediu este martes oficialmente a declaración de zona catastrófica, o mesmo que xa anunciou que fará Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade