Cargando resultados...
Seferovic: "Aspas é un crack, podemos facer unha dupla moi boa"
Mouriño: "Para o Celta é un luxo e unha satisfacción ter a un xogador como Sefe"
G24.gal
01/02/2023 13:54
Última actualización 01/02/2023 14:13
Haris Seferovic foi presentado como xogador do Celta. O internacional suízo decidiuse polo Celta porque xa coñece a Liga e gústalle o fútbol dos celestes.
Na presentación tivo palabras para Iago Aspas:
"É un crack, entende moi ben o xogo, coñecéndonos máis tempo podemos facer unha dupla moi boa"
"Eu ataco moito no espazo e podemos facer asistencias e goles os dous"
O presidente do Celta, Carlos Mouriño, estaba feliz coa fichaxe.
"Para o Celta é un luxo e unha satisfacción ter a un xogador como Sefe. Queremos agradecerlle que nos escollera entre outras opcións que tiña"
Seferovic fixo o primeiro adestramento cos seus novos compañeiros.