Sargadelos mostra o seu proceso de fabricación artesanal nun novo modelo de tenda
Inaugura un establecemento que pretende ser a "embaixada" da marca en Madrid
Sargadelos pon un pé no barrio de Salamanca de Madrid e o fai coa apertura dun novo modelo de tenda. Os primeiros expositores son mesas de traballo da fábrica de Cervo.
"Calquera dos nosos produtos de porcelana comeza con estes tres elementos básicos: o delfespato, o cuarzo e o caolín", explica Alba Robles aos clientes que visitan o establecemento.
Na tenda tamén se poden ver os moldes de escaiola que dan forma aos produtos de Sargadelos. Tamén veñen da fábrica luguesa os mobles da decoración.
O administrador único de Sargadelos, Segismundo García, di que abriron esta tenda "para vender e ensinar os nosos produtos, pero tamén a abrimos cun espírito de facer Galicia".
A tenda quere ser unha auténtica embaixada, cos clásicos e os novos deseños, como a colección deseñada por David Chipperfield que está inspirada nas artes da pesca.
Segismundo García pon en valor a cerámica de Sargadelos "cade peza nosa é practicamente un prototipo, non saen como churros das máquinas".