Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanxenxo roza o cheo nos días fortes da Semana Santa

Sanxenxo roza o cheo nos días fortes da Semana Santa

O norte de España e de Portugal, xunto con Madrid, son as principais zonas de orixe dos visitantes

O bo tempo animou as reservas de última hora

G24.gal 14/04/2022 15:11

Dous anos despois, esta Semana Santa parece ser a da recuperación total do pulso turístico dun dos principais destinos de Galicia. Sanxenxo colga o cartel de completo: bo tempo, moitas ganas de lecer e ilusión por volver viaxar.

Os transeúntes e os clientes dos hoteis confírmano: "Había moitas ganas de pasear, de estar cos amigos, de comer e de beber", contan.

Ese é o plan da maioría dos visitantes que previsiblemente farán que as cifras de ocupación superen, nestas vacacións, o 80 por cento. Ademais das reservas realizadas con antelación, as de última hora fan que o sector sexa moi optimista.

O director dun dos hoteis máis concorridos de Sanxenxo, Leonardo López, explica que entre a primeira parte da semana e estes días máis fortes "pasamos de completo a completo e estamos moi ledos".

A procedencia das visitas, a clásica neste período vacacional. "Asturias, todo o norte de España, Madrid e tamén volven os visitantes do norte de Portugal", explica Löpez.

Ansia por volver viaxar, pero tamén certa prudencia, tanto sanitaria como económica.

O termómetro chegará hoxe aquí aos 20 graos, que se superarán ao longo da fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade