Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanxenxo concentra o maior número de pisos turísticos de Galicia

Sanxenxo concentra o maior número de pisos turísticos de Galicia

A vila suma máis vivendas de uso turístico que Santiago, Vigo, O Grove e Baiona xuntas

G24.gal 16/08/2022 20:43

No ecuador do verán, os datos de ocupación hoteleira continúan superando as cifras prepandemia na provincia de Pontevedra, que no mes de xullo medrou 8 puntos por riba dos de 2019. Outro indicador en alza é o das viviendas de uso turístico, que en Galicia lidera Sanxenxo. 

Segundo o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia, constan 1.961 vivendas neste municipio da bisbarra do Salnés. A cifra supera a suma das 734 de Santiago, das 525 de Vigo, das 388 do Grove e das 262 de Baiona. Ademais, as previsións de ocupación nos 125 hoteis e 57 pensións de Sanxenxo móvense por riba do 80 % para este mes de agosto, nun concello que no verán cuadriplica a súa poboación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade