Santiago Liste, avogado de AFE: “Un futbolista non pode ser apartado por non renovar”
Na semana do Día do Traballo, na Zona mixta falaron con Santiago Liste, avogado da Asociación de Futbolistas Españois (AFE) para saber cales son os problemas laborais que existen no fútbol, por detrás dos salarios millonarios das estrelas máis coñecidas.
O sindicato asegura que en España hai auténticos casos de acoso laboral e exemplos aínda máis graves no estranxeiro. O letrado fálanos da intervención de AFE no ERE do Deportivo e advirte que o Celta non podería repetir con Denis Suárez unha situación como a de David Costas e Jorge Sáez. aos que chegou a ter apartados.
Acoso laboral, EREs e outros incumprimentos
“No fútbol español hai auténticos casos de acoso laboral, incluso en Primeira División, como dirixentes que lles ordenan a uns xogadores que lle fagan o baleiro a un compañeiro, que non lle falen ou que lle quiten o armario do vestiario”
“Creo que no ERE do Deportivo se fixo un bo traballo e o caso de Borges acabou ben para a situación inicial que había”
O Celta e o caso de Denis Suárez
“Nun caso como o de Denis o que entendemos é que un xogador non pode ser apartado por non se pregar ás decisións do club”
“O Celta non estaba respectando os dereitos de David Costas e Jorge Sáez porque non estaban no grupo”
Os casos no estranxeiro, algúns de terror
“No estranxeiro hai historias para escribir un libro: en Asia chegaron mandar un xogador a correr só ás 7 da mañá nunha estrada para forzalo a rescindir, con ameazas físicas e verbais”
“É importante facer prevención, unha chamada de cinco minutos pode evitar que unha carreira se arruíne”
“Antes de asinar un contrato hai que fixarse nas cláusulas, se de verdade vas cobrar todos os anos en caso de despedimento, ou que as comisións cos axentes non sexan leoninas”