Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santi Mina non ten rotura pero será baixa ante o Barcelona

Santi Mina non ten rotura pero será baixa ante o Barcelona

G24.gal 03/11/2021 16:55

A ecografía á que se someteu nas últimas horas o dianteiro Santi Mina revelou que non sofre "danos estruturais" no bíceps femoral da súa perna esquerda, segundo informou o Celta.

O máximo goleador do conxunto celeste caeu lesionado no minuto 20 do último partido ligueiro contra o Raio en Vallecas, sendo substituído pouco despois polo arxentino Augusto Solari.

A baixa deixa ao equipo vigués sen o seu xogador de campo máis determinante neste inicio de liga, onde Santi Mina está a vivir o seu mellor momento no seu club de formación. Ata o de agora, o 22 fora titular en todos os partidos, xogando completos nove dos doce disputados e rozando os 1.000 minutos.

Mina non se perde un partido vestido de celeste desde a xornada 33 da pasada liga. Desde o seu regreso ao Celta, o canteirán só estivo parado en dúas ocasións e por un curto espazo de tempo: na 19/20 perdeuse dous partidos por unha lesión muscular e no curso anterior non puido comezar a liga por un problema de nocello.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos