Cargando resultados...
Sanidade elimina as corentenas dos positivos asintomáticos en Covid-19
Sanidade elimina as corentenas dos positivos asintomáticos en Covid-19
Será o persoal sanitario o que decida impoñelas aos contaxiados segundo o nivel de risco das persoas
G24.gal
22/03/2022 19:03
A Comisión de Saúde Pública aprobou este martes a nova Estratexia de Vixilancia e Control fronte á Covid-19, que elimina as corentenas dos positivos asintomáticos en Covid-19 a partir do próximo luns.
A medida entrará en vigor o 27 de marzo, un paso máis cara á gripalización do coronavirus. As corentenas só serán obrigatorias para a poboación vulnerable e será o persoal sanitario o que decida impoñelas aos contaxiados segundo o nivel de risco das persoas.
Lembramos que a incidencia covid baixou lixeiramente tras a tendencia ascendente que comezou hai dúas semanas, e que este martes se sitúa en 436,54 casos por cada 100.000 habitantes.