Sanidade chama a doar sangue, ao ter baixas as reservas de: A+, A-, 0+,0- e AB-

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Consellería de Sanidade realizou un chamamento para doar sangue, especialmente dos grupos A positivo, A negativo, 0 positivo, 0 negativo e AB negativo, por ter as reservas baixas. En canto aos grupos sanguíneos restantes, o único en nivel bo é o AB positivo, mentres que 0 negativo, B positivo e B negativo están en reservas normais.
Nun comunicado ADOS lembra que hai moitas persoas nos hospitais que necesitan recibir unha transfusión dalgún compoñente de sangue por múltiples razóns como unha operación, un transplante, un accidente ou unha enfermidade.
De feito, os hospitais galegos precisan unhas 500 doazóns de sangue cada día para desenvolver de forma eficaz o labor asistencial. Por iso, ADOS dispón de locais de doazón situados nas sete principais cidades galegas e tamén de unidades móbiles que se desprazan todas as semanas por diferentes concellos das catro provincias.