Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez reivindica os dous anos de lexislatura e o PP di que o actual Goberno "está acabado"

Sánchez reivindica os dous anos de lexislatura e o PP di que o actual Goberno "está acabado"

O presidente do Goberno reafirma a vontade de esgotar o mandato e salienta a situación económica

G24.gal 16/11/2025 20:39 Última actualización 16/11/2025 21:19

Este domingo cúmprese dous anos xustos da actual lexislatura. Para o PP son" dous anos de mentiras" mentres que Pedro Sánchez divulgou un vídeo no que reivindica as súas políticas económicas e sociais.

Indica Sánchez que o seu é o Goberno que "defende as cousas que realmente lle interesan á xente " e reafirma que vai seguir ata esgotar este mandato dous anos despois da investidura. Sánchez salienta o crecemento da economía e que hai 22 millóns de persoas ocupadas.

Sánchez tamén destaca o compromiso climático e o traballo para reconstruír as zonas afectadas pola DINA., ao tempo que sinala que a vivenda accesible é unha das súas prioridades.

Case en paralelo, o PP publicaba outro vídeo con este resumo: "Dous anos de lexislatura, dous anos de mentiras, cortinas de fume e escándalos de corrupción".


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos