Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid cae ante o Bayern e terá que remontar na volta (1-2)

O Real Madrid cae ante o Bayern e terá que remontar na volta (1-2)

Os bávaros gozaron de ocasións para pechar a eliminatoria e deixaron con vida ao equipo branco

O arreón final dos de Arbeloa faille albergar esperanzas cara á volta

O Arsenal tomou vantaxe na outra eliminatoria tras gañar en Lisboa ao Sporting (0-1)

@realmadrid @realmadrid
G24.gal 07/04/2026 21:52

O partido respondeu ó guión esperado. Dominio bávaro ante un Real Madrid que quería facer dano ás costas da zaga xermana. O central do conxunto muniqués Upamecano gozou da mellor ocasión do inicio tras unha boa deixada de Harry Kane pero non conectou un bo disparo e o galego Álvaro Carreras evitaba o tanto sobre a liña de gol. Respostaría o equipo branco cunha contra levada entre Valverde e Mbappe na que o dianteiro galo obrigou ó meta Neuer a salvar o seu disparo cruzado. Tras un erro de Thiago Pitarch, Gnabry tampouco atinou coa meta branca. Pero a terceira non erraría o Bayern e Luis Díaz batiría a Lunin, tras un bo pase filtrado por Gnabry, a catro minutos de chegar ó descanso.

E vinta e dous segundos despois de comezar a segunda metade chegaría o segundo tanto dos xermanos cun disparo desde a frontal de Harry Kane a pase de Olise. O gol deixou tocado ó Real Madrid que pese a todo puido reducir diferenzas tras un erro garrafal de Tah que non soubo aproveitar Vinicius no man a man con Neuer. Sería Mbappe o que marcaría o gol branco tras unha gran asistencia de Alexander Arnold. Restaban vinte minutos e o Santiago Bernabeu entrou en ebullición. Os de Arbeloa tentárono con máis corazón que cabeza e rondaron o empate en varias ocasións pero o marcador non se moveu. 

Os brancos buscarán a remonta o próximo mércores no Allianz Arena, partido que se perderá o medio centro francés Tchouameni tras ver onte unha amonestación e cumprir ciclo de tarxetas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade