Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez vaille propoñer ás Cortes chegar ao 2 % do PIB en defensa en 2029

Sánchez vaille propoñer ás Cortes chegar ao 2 % do PIB en defensa en 2029

O presidente do Goberno asegurou que buscará un "acordo de país" para alcanzar este obxectivo

Feijóo ábrese a pactar a política de Defensa con Sánchez que terá máis difícil convencer a Unidas Podemos

G24.gal 30/06/2022 11:11 Última actualización 30/06/2022 14:32

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, propoñerá ás Cortes un aumento do 2 por cento do PIB para gastos de defensa nun prazo de oito anos e, por tanto, alcanzar esa porcentaxe en 2029.

Sánchez avanzou este obxectivo durante unha conferencia de prensa ao concluír o cumio da OTAN en Madrid e quere que "sexa un acordo de país que transcenda ás cuestións ideolóxicas"

Neste contexto, e ante o rexeitamento de Podemos, confiou en que a guerra en Ucraína "faga reflexionar a algunhas formacións políticas que antes tiñan unha visión diferente sobre a OTAN".

Sánchez insistiu en que alcanzar ese 2 % -actualmente o gasto en defensa apenas supera o 1 %- é un compromiso coa Alianza e a Unión Europea e cara á ese obxectivo "hai que avanzar" porque o mundo e a seguridade europea, dixo, cambiaron este ano coa invasión rusa de Ucraína.

Como exemplo, resaltou que Suecia rompeu 200 anos de neutralidade, un paso que tamén deu Finlandia, mentres Dinamarca convocou unha consulta para adherirse á política europea de seguridade e defensa, e Alemaña abandonou o seu rexeitamento de décadas a aumentar o gasto en Defensa.

"Debemos facelo", manifestou Sanchez para recordar que o binomio entre solidariedade e responsabilidade implica comprometerse a apoiar a Ucraína, pero tamén garantir un maior investimento en Defensa.

"Como presidente do Goberno e como secretario xeral do PSOE sabemos a que espazo pertencemos, a Europa e á OTAN", engadiu. 

Importancia económica

Xa pola mañá, antes de comezar a xornada Sánchez avanzaba que reclamaría a todos os grupos do Congreso apoio para aumentar ese gasto en defensa nos próximos Orzamentos Xerais do Estado.

"É un debate que temos que afrontar en España, tanto desde o punto de vista de partidos da dereita como no espazo político progresista", recalcaba.

Lembraba que esa decisión supón tamén implicacións económicas positivas en comunidades como Galicia ou Andalucía.

En canto ao rexeitamento de Unidas Podemos ao aumento do número de destrutores de Estados Unidos na base naval de Rota (Cádiz), Sánchez resaltou que esa é unha decisión que se enmarca en "acordos de país".

Ceuta e Melilla: "A OTAN protexe a todos os aliados conta todas as ameazas"

Respecto á situación das cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla, o secretario xeral da OTAN asegurou este xoves que a Alianza "está para protexer a todos os aliados contra todas as ameazas". 

Engadiu que en última instancia a decisión sobre a activación do artigo 5 do Tratado de Washington é "política".

Sánchez pola súa parte ve "máis artificial que real" o debate aberto sobre a protección de Ceuta e Melilla por parte da OTAN, xa que ambas as cidades autónomas "son España" e así se entendeu "sempre".  

Sánchez recoñeceu que lle parece "curioso" que se expoña agora unha discusión sobre o estatuto de Ceuta e Melilla dentro da Alianza Atlántica, cando non se fixo con ningún dos expresidentes.

En calquera caso, reivindicou que o novo Concepto Estratéxico que sae deste cumio "deixa ben claro" que se defenderá "cada centímetro" do territorio dos países que pertencen á OTAN.  

Destrutores os EUA en Rota

O presidente do Goberno tamén dixo que levará "pronto" ao Consello de Ministros o aumento de dous destrutores de Estados Unidos na base naval de Rota e adiantou que espera que o seu socio de goberno, Unidas Podemos, o apoie.

Éxito do cumio

Sánchez tamén se felicitou pola boa organización do cumio. Felicitación que trasladou aos traballadores que o fixeron posible e aos cidadáns de Madrid que estes días tiveron que soportar os inconvenientes que supuxo para a cidade a celebración dun evento destas características.

O secretario xeral da OTAN tamén felicitou "ao Goberno español e ao pobo de Madrid" pola "perfecta, impecable e excelente" organización do cumio da Alianza, que conclúe hoxe.

"Todos os aliados expresaron o seu agradecemento a España por acollernos en Madrid, unha fermosa cidade, no Palacio Real e no Museo do Prado e nestas instalacións, onde todo estaba dispoñible", dixo Jens Stoltenberg.

"As miñas felicitacións ao presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, ao seu Goberno e aos cidadáns de Madrid por organizar de maneira impecable e excelente este cume." Madrid "foi o mellor marco posible para un cume histórico", concluíu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar