Publicador de contidos

Publicador de contidos

A familia real reúnese cos galardoados nos Premios Princesa de Asturias 2025

A familia real reúnese cos galardoados nos Premios Princesa de Asturias 2025

Serena Williams, Eduardo Mendoza ou Mario Draghi, entre os premiados este ano

G24.gal 24/10/2025 14:35

Os reis, xunto coa princesa Leonor e a infanta Sofía, recibiron este venres ao mediodía en audiencia aos galardoados cos Premios Princesa de Asturias 2025.

E de mans da princesa Leonor foron recollendo as súas insignias. Entre eles a tenista Serena Williams, premiada na categoría de deportes, o escritor Eduardo Mendoza, distinguido co Premio das Letras, e o economista Mario Draghi, que recibe o de Cooperación Internacional.

O resto dos galardoados son o filósofo surcoreano Byung-Chul Han, premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades; o sociólogo estadounidense Douglas Massey, na categoría de Ciencias Sociais; a fotógrafa mexicana Graciela Iturbide, premio das Artes; o Museo Nacional de Antropoloxía de México, da Concordia, e a xenetista Mary-Claire King, premio de Investigación Científica e Técnica.

Este foi o acto previo á 45 cerimonia de entrega que se vai celebrar esta tarde a partir das seis e media no Teatro Campoamor de Oviedo. Os sétimos xa para a princesa Leonor, que ano tras ano vai collendo un maior protagonismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade