Publicador de contidos

Publicador de contidos

O candidato de Trump, Kevin Warsh, novo presidente da Reserva Federal

O candidato de Trump, Kevin Warsh, novo presidente da Reserva Federal

Substitúe no cargo a Jerome Powell, cuxo mandato termina o vindeiro venres 15 de maio

O economista de 53 anos convértese así no décimoséptimo presidente da Fed

Powell  permanecerá como gobernador polo menos ata que a investigación interna sobre el, que leva a cabo a Reserva Federal a petición de Trump, "conclúa de xeito definitivo e transparente"

Kevin Warsh. Europa Press (Arquivo) Kevin Warsh. Europa Press (Arquivo)
G24.gal 13/05/2026 21:01

O economista Kevin Warsh converteuse este mércores no novo presidente da Reserva Federal estadounidense despois de que o Senado aprobase a súa candidatura para dirixir o banco central da primeira economía mundial por 54 votos a favor e 45 en contra .

Substituirá a Jerome Powell, cuxo mandato termina o vindeiro venres 15 de maio.

A disciplina de partido foi total fóra do senador demócrata por Pensilvania, John Fetterman, que votou a favor do nomeamento de Warsh.

Campaña en contra de Powell

O economista de 53 anos convértese así no décimoséptimo presidente da Fed e substitúe no cargo a Jerome Powell, que ocupou o posto desde 2018 tras ser nomeado tamén por Trump durante o seu primeiro mandato (2016-2021).

No entanto, tras o seu regreso á Casa Branca en 2025, Trump emprendeu unha campaña en contra de Powell ao considerar que a Fed mantiña demasiados altos os tipos de interese.

Ao nomear en xaneiro a Warsh para pilotar a política monetaria estadounidense, Trump mostrouse convencido de que o exfinanciero con ampla experiencia en Wall Street aplicará unha política monetaria máis expansiva.

Con todo, os analistas ven complicado que a Fed aposte de inmediato pola flexibilización nun momento en que a inflación interanual en Estados Unidos se achega ao 4% impulsada pola guerra contra Irán e o peche do estreito de Ormuz.

 Kevin Warsh foi gobernador da Reserva Federal en 2008 

O novo presidente da Reserva Federal traballou para xigantes financeiros como Morgan Stanley e xa foi gobernador da Reserva Federal durante a crise financeira de 2008, na que actuou como ponte entre o banco central e Wall Street.

Warsh xa foi descartado en primeiro instancia por propio Trump en 2017, cando o magnate neoiorquino se decantou finalmente por Powell para substituír á entón presidenta da Fed Janet Yellen.

O propio Powell, acosado pola Casa Branca desde o ano pasado, decidiu á súa vez, en contra da tradición, permanecer como membro da Xunta de Gobernadores tras abandonar a presidencia este venres.

Powell continuará como gobernador da FED 

Powell dixo que permanecerá como gobernador polo menos ata que a investigación interna sobre el que leva cabo a propia Fed a petición de Trump "conclúa de xeito definitivo e transparente".

A Administración Trump acusou a Powell de malversar fondos para a renovación da sede da Fed en Washington, imputación que foi retirada despois de que un xuíz federal considerase que estaba motivada politicamente e de que un senador republicano ameazase con non apoiar o nomeamento de Warsh se o Departamento de Xustiza non abandonaba o caso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade