Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump pon rumbo a Pekín para reunirse con Xi Jinping

Trump pon rumbo a Pekín para reunirse con Xi Jinping

Ao saír da Casa Branca, o presidente dos EUA explicou que manterá unha "longa conversación" con Xi sobre Irán

 

O presidente saúda mentres sobe ao Air Force One. Reuters O presidente saúda mentres sobe ao Air Force One. Reuters
G24.gal 12/05/2026 21:41

 O presidente dos Estados Unidos partiu este martes de Washington rumbo a Pekín para reunirse co seu homólogo da China, Xi Jinping, nunha viaxe marcada pola guerra de Irán.

O líder republicano abordou o avión presidencial Air Force One na base aérea Andrews, nos arredores de Washington, pasadas a 14.36 hora da costa leste dos Estados Unidos (20.36 hora galega).

O Air Force One fará unha parada na cidade de Anchorage, en Alaska, para encher combustible este martes pola noite e proseguirá o voo cara á capital chinesa, onde está previsto que aterre á 19.45 hora local do mércores (13.45 hora galega).

Trump ten previsto reunirse con Xi o xoves e o venres. A súa axenda inclúe ademais unha visita ao Templo do Ceo, unha cea de Estado e a súa partida o venres. A visita de Trump á China, a primeira en máis de oito anos, estaba prevista para o pasado marzo, pero aprazouse debido á guerra que Estados Unidos e Israel lanzaron contra Irán.

O líder estadounidense solicitou á China, o maior comprador de petróleo iraniano, que convenza Teherán de reabrir o estreito de Ormuz, unha vía clave para o tránsito de hidrocarburos que Irán bloqueou tras o inicio da ofensiva estadounidense.

Ao saír da Casa Blanca, o mandatario explicou á prensa que manterá unha "longa conversación" con Xi sobre Irán, aínda que restou importancia á necesidade de axuda de Pekín.

Trump explicou o luns que tamén que abordará con Xi o apoio histórico de Washington a Taiwan e a subministración de armamento para a illa, que Pequín considera unha provincia rebelde e que non descarta ocupar militarmente.

"Ao presidente Xi non lle gusta que o fagamos (enviar armas a Taiwan) e discutirémolo", dixo.

A última vez que se reuniron Trump e Xi foi en outubro do ano pasado, en Corea do Sur, e serviu para aliviar a guerra comercial entre ambas as superpotencias, coa redución dalgúns aranceis e o levantamento de varias restricións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade