Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno anuncia novas axudas enerxéticas para afrontar o inverno

O Goberno anuncia novas axudas enerxéticas para afrontar o inverno

As novas medidas aprobaranse no Consello de Ministros do próximo martes

Rebaixará un 50 % da factura do gas ás caldeiras comunitaria e ampliará as axudas do bono social e térmico

Subvencionará o 40 por cento do recibo da luz a 1,5 millóns de fogares vulnerables

Os usuarios estudan como solicitar as novas axudas enerxéticas

G24.gal 13/10/2022 10:07 Última actualización 13/10/2022 20:58

O pleno comezou con ruído, o dos deputados de Vox que entraron tarde no hemiciclo en sinal de protesta polo atraso de Sánchez no desfile das Forzas Armadas.

Pedro Sánchez non escatimou en datos para defender os beneficios das súas políticas de loita contra a inflación e a crise enerxética. E anunciou que o próximo martes, o consello de ministros aprobará novas axudas para as familias.

Estas son as catro principais:

- Nova tarifa regulada para comunidades de veciños con caldeiras centralizadas de gas.

- Aumenta o desconto do bono social eléctrico ata o 65 e 80 por cento, segundo a vulnerabilidade das familias

- Dóbrase a axuda do bono térmico, que pode chegar ata os 375 euros por fogar. 

- E créase unha nova categoría de consumidores vulnerables con dereito a un desconto do 40 % na factura. Destinaranse 3.000 millóns de euros e beneficará o 40 por cento dos fogares, segundo o presidente do executivo. 

O Partido Popular afeoulle que vaia ao Congreso loando a súa xestión da crise enerxética e lembroulle que a factura da luz xa está descontrolada desde antes da guerra. E pídelle que poña todos os recursos enerxéticos a disposición dos cidadáns. 

Tampouco faltaron reproches pola política de impostos ou a revalorización das pensións.

O Goberno defende que taxas como a das grandes fortunas axudarán a manter a calidade dos servizos públicos e o PP acúsao de simplificar un debate a conveniencia. Os dous grandes partidos tamén chocaron sobre o futuro da pensións. O Goberno defende a revalorización segundo o IPC e pregúntalle ao PP se está preparando unha saída do Pacto de Toledo. A voceira do PP lembroulle que el votou, no seu día, a favor de conxelalas e pediulle que non faga electoralismo cos pensionistas. 

Unidas Podemos esíxelle ao Goberno que inclúa no plan anticrise unha suba das hipotecas e prórrogas aos contratos de alugueiro. 

E Esquerra advirte de que a negociación dos orzamentos dependerá do que pase coas causas pendentes do procés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade