Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez mantén o apoio á presidenta da SEPI tras ser imputada no caso Leire

Sánchez mantén o apoio á presidenta da SEPI tras ser imputada no caso Leire

O xuíz Pedraz ordena investigar a Belén Gualda e outras 24 persoas

O PP volve citar o expresidente José Luis Rodríguez Zapatero no Senado 

G24.gal 30/06/2026 14:47

Pedro Sánchez mantén o seu apoio á actual presidenta da SEPI, Belén Gualda, tras ser imputada na Audiencia Nacional dentro do chamado caso Leire. Canda ela, o xuíz Pedraz tamén imputou outras 24 persoas polo presunto amaño de contratos e rescates públicos.

Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno, considera que "se hai presuntas irregularidades en axencias públicas, teñen que ser absolutamente investigadas".

Os socios empezan a perder a paciencia. Ione Belarra, líder de Podemos, pregúntase "que máis ten que pasar para que se asuma algunha responsabilidade?". Ve a Sánchez "desconectado da realidade" e suxírelle que "tan importante como saber chegar é saber marchar".

Críticas tamén dende a oposición. Para Vox, "toda a contorna do Goberno está pringada".

O PP batalla dende o Senado, aproveitando a súa maioría. Volven chamar o expresidente José Luis Rodríguez Zapatero, desta volta, para que compareza na comisión da SEPI.

Nas próximas semanas tamén será interrogada no Senado a vicepresidenta terceira, Sara Aagesen, e a presidenta do PSOE, Crisitna Narbona.

Segundo Alicia García, voceira do PP no Senado, "Sánchez converteu a SEPI na cova de Ali Babá, dos rescates a cambio de favores, polo tanto, xullo ten que ser mes tamén de comparecencias".

Nos xulgados, o PP solicitou que se cite como testemuñas o exfiscal xeral Álvaro García Ortiz e os outros fiscais que se reuniron coa exmilitante socialista Leire Díez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade