Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez esixe colaboración ao PP e descarta unha remodelación do Goberno

Sánchez esixe colaboración ao PP e descarta unha remodelación do Goberno

O PP acusa o Goberno de "trilerismo político" na renovación do CXPX

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, visitou este martes a illa da Palma (EFE/Luis G. Morera) O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, visitou este martes a illa da Palma (EFE/Luis G. Morera)
G24.gal 16/08/2022 15:38

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou este martes na Palma que non remodelará o seu gabinete e pediulle ao PP que cumpra o acordo sobre o CXPX e deixe o obstrucionismo.

Cando está a punto de facerse un ano da erupción do volcán, o xefe do Executivo volveu visitar a illa canaria, e en conferencia de prensa remarcou que preside un goberno estable "que vai durar ata o final da lexislatura"; por iso, insistiu, non entra nos seus plans introducir ningún cambio.

Lembrou tamén que a renovación do CXPX leva bloqueada exactamente 1.351 días, e subliñou que non hai precedentes en Europa nin na historia democrática española no referente ao goberno dos xuíces.

Sánchez admitiu un pacto coa dirección do PP para renovar a cúpula do CXPX e por iso renovou as súas demandas de responsabilidade ao principal partido da oposición e que cumpra "co asinado, coa lei e coa Constitución, que se ten que cumprir do primeiro ao último dos seus artigos".

"Esta actitude obstrucionista de bloqueo, de dicir non a todo e, sobre todo, de non renovación dun dos principais poderes da democracia non ten precedentes", insistiu Pedro Sánchez.

A mesma demanda de responsabilidade formulouna en relación coas medidas de aforro enerxético, xa que España está a ser solidaria cos seus socios europeos fronte "á chantaxe de Putin".

O PP fala de "trileirismo político"

O vicesecretario de Coordinación Autonómica e Local do PP, Pedro Rollán, acusou o Goberno de lanzar unha "cortina de fume" e de "trileirismo político" ao "filtrar" un suposto acordo entre o Executivo e a anterior dirección do partido para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX).

Nunha conferencia de prensa na sede de Génova, Rollán preguntouse por que esperou case un ano o Goberno para difundir un documento ao que o mesmo Executivo non daba ningún valor e subscrito con anterioridade á chegada de Alberto Núñez Feijóo ao liderado do PP.

"O Goberno preferiu non dar validez algunha a ese documento que agora son os dez mandamentos", ironizou Rollán, que non dubida da existencia dese documento, aínda que asegura coñecelo a través dos medios de comunicación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade