Sánchez comparecerá este martes en Moncloa tras a reunión do Consello de Ministros
O presidente do Goberno Pedro Sánchez comparecerá este martes ante a prensa ás 12:30 no Palacio da Moncloa tras a reunión do Consello de Ministros.
Sánchez anunciou este luns a convocatoria de eleccións anticipadas para o 29 de novembro e presidiu unha reunión extraordinaria do Consello de Ministros na que se aprobou o real decreto para esa convocatoria electoral.
Na reunión deste martes, o Consello aprobará os decretos de vivenda que foron rexeitados a semana pasada polo pleno do Congreso, aínda que con algúns cambios no texto que fontes do Executivo aseguraron que non serán substanciais.
Agora xogan con vantaxe, porque a aprobación dos decretos xa non depende do pleno, senón da Deputación Permanente. É un órgano máis reducido e os partidos que votaron a favor do decreto co groso das medidas teñen maioría. Así que o voto de Junts é irrelevante.
A oposición cuestiona a manobra. Mentres que o Goberno defende a súa legalidade.
Pero non está todo pechado. O PNV di que non decidirá o sentido do seu voto ata que coñeza eses cambios técnicos introducidos polo Goberno nos decretos para evitar a fraude de lei. E na rúa, ven insuficientes as medidas propostas. E seguirán coas mobilizacións, como a da tarde pasada en Pontevedra.