Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez anuncia a cuarta dose contra a covid-19 para finais de mes

Sánchez anuncia a cuarta dose contra a covid-19 para finais de mes

Dixo que os primeiros en recibila serán maiores de 80 anos e persoas que viven en residencias da terceira idade

G24.gal 03/09/2022 20:14 Última actualización 03/09/2022 20:57

A cuarta dose da vacina contra a covid-19 xa ten datas. Pedro Sánchez anunciaba este sábado que se empezará a administrar a finais deste mes ou comezos de outubro.

No primeiro dos encontros programados cos cidadáns, en Sevilla, Sánchez explicou que os inxectables comezarán a chegar a España nos próximos días e que os primeiros en recibilos serán os colectivos máis vulnerables.

O anuncio prodúcese dous días despois de que a Axencia Europea do Medicamento autorizara o uso das vacinas adaptadas ás variantes de Ómicron de Pfizer e Moderna.

"Esta semana xa van vir a España as vacinas fronte ás variantes da covid-19 e, por tanto, estaremos en condicións, a finais do mes de setembro ou principios de outubro, de empezar a vacinar aqueles colectivos mas vulnerables fronte á covid-19 como son os maiores de oitenta anos e aquelas persoas que viven en residencias", especificou Pedro Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade