Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez anuncia a desgravación dun 15 % no IRPF pola compra de coches eléctricos

Sánchez anuncia a desgravación dun 15 % no IRPF pola compra de coches eléctricos

Aprobarase no Consello de Ministros deste martes dentro do paquete de medidas anticrise

G24.gal 27/06/2023 09:39

Sánchez pon en valor as medidas aprobadas polo Goberno para paliar a inflación.  Di que é consciente das dificultades das familias e anuncia novos incentivos para a transición verde.  En concreto, a desgravación dun 15 % no IPRF pola compra de vehículos eléctricos. 

En Sumar admiten discrepancias co PSOE na negociación das medidas anticrise. Queren manter o límite da suba dos alugueiros nun 2 % e insisten no bono para os hipotecados pola suba do euríbor usando os propios ingresos das banca. 

Unha proposta que non convence o PSOE. Din que os cartos volverán aos bancos. 

E o PP presentou o seu programa económico.  Prometen reverter o peche das centrais nucleares, un millón máis de afiliados á Seguridade Social e baixar o IRPF ás rendas inferiores a 40.000 euros. 

Vox tende a man ao PP para evitar gobernos socialistas onde sexa posible e celebran o cambio de posición da líder popular en Estremadura, que agora si que se abre a negociar con eles. Este martes a presidenta da Asemblea comeza as consultas para propoñer candidato á presidencia da comunidade autónoma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade