Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno planea controlar a covid–19 como se controla a gripe

O Goberno planea controlar a covid–19 como se controla a gripe

Sánchez anunciou que o Goberno ten previsto controlar os prezos dos tests de antíxenos e que tamén comprará en xaneiro 344.000 doses de antivirais a Pfizer

G24.gal 10/01/2022 09:29

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou este luns que a volta ás aulas é "segura" para os máis de oito millóns de escolares que regresan este luns despois das vacacións do Nadal e coa incidencia de casos disparada.

"Vimos traballando coas comunidades autónomas, a comisión de saúde, o relatorio de alertas, ministerios e consellerías; por tanto, as condicións son seguras", indicou Sánchez nunha entrevista na Cadena Ser. 

O xefe do Executivo mostrou ademais a súa confianza na vacinación dos menores de cinco a once anos iniciada o 15 de decembro. Neste sentido, confirmou o obxectivo do alcanzar o 70 % de vacinados coa primeira dose o 7 de febreiro e coa pauta completa de dúas doses a semana do 8 de abril.

"Hai que ter confianza nos traballos técnicos e os gobernos autonómicos e nunha vacinación que está amplamente apoiada polos nenos e nenas", indicou Sánchez.

Prezo dos tests de antíxenos

Sánchez anunciou que o Goberno ten previsto controlar os prezos dos tests de antíxenos e que tamén comprará en xaneiro 344.000 dose de antivirais a Pfizer, que, segundo destacou, "reducen nun 88 por cento a posibilidade de hospitalización dos enfermos vulnerables".

Durante unha entrevista na Cadea Ser, o presidente do Goberno asegurou tamén que están a traballar nun plan de avaliación da covid–19 como unha endemia ou gripalización en lugar de pandemia.

O xefe do Executivo respondeu afirmativamente cando lle preguntaron se ten previsto controlar os prezos dos tests de antíxenos. Así, sinalou que o seu equipo se vai meter "co control dos prezos" e que van facer algo para regulalos.

Conferencia de presidentes

Sánchez manifestou que volverá citar os mandatarios autonómicos noutra conferencia de presidentes telemática ao longo do mes de xaneiro para tratar de novo a situación da sexta vaga do coronavirus.

Subliñou que primeiro se celebrará esta conferencia telemática, e posteriormente, xa no mes de febreiro, desenvolverase unha presencial na illa da Palma, tal e como estaba previsto.

O incremento de contaxios de covid–19 provocou que se atrasase ata principios de febreiro, tal e como adiantou o propio xefe do Executivo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade