Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Sánchez reafirma dende O Senegal a súa aposta por unha migración regulada

Pedro Sánchez reafirma dende O Senegal a súa aposta por unha migración regulada

O presidente do Goberno di que hai que loitar contra a inmigración ilegal, que cualifica como un inferno

G24.gal 29/08/2024 18:59 Última actualización 29/08/2024 22:04

O presidente do Goberno pechou no Senegal a súa xira por África coa inmigración como asunto prioritario.

Pedro Sánchez reafirmou a súa aposta por promover a migración regulada e loitar contra a ilegal, que cualifica como un inferno.

O Partido Popular di que vai dando bandazos e o que non ten unha política migratoria clara.

"Debemos promover a migración regular e ordenada e loitar contra a ilegal e a irregular".

Así resume o presidente do Goberno a súa política migratoria. Tras as críticas do Partido Popular, Pedro Sánchez reafirmou no Senegal a súa aposta pola migración circular, legal e regulada.

"E subliño que estou falando da migración regular, porque a irregular é un inferno que leva a situacións extremas de desigualdade e explotación para os inmigrantes".

Por iso mantén que hai que loitar contra ela e que é imprescindible expulsar os inmigrantes que chegan irregulamente a España. 
O Partido Popular considera que Sánchez lles dá a razón, e esíxenlles desculpas aos socialistas por tachalos de xenófobos.

Miguel Tellado, "Máis alá de constatar que o Goberno improvisa o que temos que dicir é que esperamos unha desculpa por parte de todos os que onte aplaudían o efecto chamada de Pedro Sánchez e criticaban o PP por pedir unha política migratoria responsable".

Desde Sumar marcan distancias co PSOE. A través das redes sociais Yolanda Díaz replicoulle a Sánchez que as políticas migratorias do Goberno de coalición non deben ser de deportacións masivas, senón de acollida e solidariedade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade