Publicador de contidos

Publicador de contidos

Samuel Koufie, supervivente do naufraxio do Villa de Pitanxo, xa ten a nacionalidade española

Samuel Koufie, supervivente do naufraxio do Villa de Pitanxo, xa ten a nacionalidade española

A petición da ministra de Xustiza e tras a deliberación no Consello de Ministros, Samuel xa é cidadán español a todos os efectos, con veciñanza civil de Galicia

G24.gal 12/10/2022 12:38

Samuel Koufie, o mariñeiro de orixe ghanés que sobreviviu ao naufraxio do Villa de Pitanxo xunto co patrón e o seu sobriño, xa ten a nacionalidade española. Así o publica hoxe o BOE, nunha disposición en que tamén se fai referencia ás "circunstancias excepcionais" que concorren na súa persoa.

A súa declaración como supervivente, está a ser clave na causa xudicial do sinistro. A petición da Ministra de Xustiza e tras a deliberación no Consello de Ministros, Samuel xa é cidadán español a todos os efectos, con veciñanza civil de Galicia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade