Salva Sevilla: "Non é normal non gañar en Riazor, hai que cambialo canto antes"
Jaime lesiónase e súmase ás baixas de Yeremay, Balenziaga e Barbero
Salva Sevilla fíxose coa titularidade e vai collendo ritmo despois dunha pretemporada complicada pola inactividade. Asegura que o vestiario está centrado en cambiar a mala dinámica en Riazor desde este mesmo domingo ante o Nàstic:
"Moito mellor en Sabadell. O partido de Ponferrada, máis difícil. Non foron boas as sensacións. O outro día mellor, co paso do tempo atópome mellor".
Non entende que o Deportivo aínda siga sen gañar en Riazor
"É difícil de explicar que non gañásemos aínda en casa. Coa afección que temos, o noso estadio, o equipo… non é normal e queremos cambialo canto antes. Para conseguir o obxectivo, temos que facernos fortes en casa e temos todos os ingredientes para iso".
Doutra banda, Jaime lesiónase e súmase ás baixas de Yeremay, Balenziaga e Barbero para o domingo.